Graduado en Matemáticas (2010-2014) e Mestrado en Matemática Industrial (2014-2016) pola Universidade de Santiago de Compostela con experiencia internacional na Universitatea de Vest din Timişoara (2013-2014) e na Czech Technical University in Prague (2015).

Doutorando en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (2017-2020) pola Universidade de Vigo. Experiencia internacional no Center for Computational Medicine in Cardiology (2018).

Investigador no grupo de Cardioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur no Hospital Álvaro Cunqueiro dende 2016. Bolsa predoutoral da GAIN (Axencia Galega de Innovación) dende o 2017.

Docente no Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo nas escolas de Enxeñaría de Telecomunicación e Enxeñaría Industrial.